Torneo de nadal de tenis de mesa do concello de Cangas

Publicado por o día 20/12/2017 na sección de Cangas,Galicia

Torneo de nadal de tenis de mesa do concello de Cangas

O Club Cinania T.M presentou no día de hoxe o Torneo de Nadal de Tenis de Mesa 2018, un evento deportivo no que colabora a Concellaría de Deportes e que se celebrará o vindeiro sábado, día 23 de decembro, no Pavillón de Romarigo entre as 16:00 e as 20:00 horas.

En total, a competición contará con 30 participantes provenientes de toda Galicia (Vigo, Tomiño, Ourense…). De todos elas, sairán tres persoas gañadoras, ás cales se lles agasallará cun presente típico de Nadal.

Paralelamente, levarase a cabo un trofeo infantil dirixido aos rapaces e rapazas cunha idade comprendida entre os 8 e os 10 anos. Maioritariamente, estarán presentes membros do club organizador. Nesta modalidade, os gañadores/as serán obsequiados con trofeos.