Torneos de Semana Santa 2017 do C. Baloncesto Seis do Nadal – Coia

Un total de 36 equipos, e preto de 500 deportistas, participarán nestas novas edicións do evento.
Publicado por o día 09/04/2017 na sección de Baloncesto,Deportes,Vigo

Torneos de Semana Santa 2017 do C. Baloncesto Seis do Nadal – Coia

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia presentou durante a mañá do xoves día 6 de abril do 2017 os seus Torneos de Semana Santa 2017 de categoría cadete e infantil, xunto ao Concelleiro de Deportes do Concello Vigo, Manel Fernández.

Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, o 14, 15 e 16 de abril do 2017, as pistas dos Pavillóns Municipais de Navia e Bouzas, reunirán a un total de 36 combinados de categoría cadete e infantil con preto de 500 deportistas e 50 adestradores/as que serán os protagonistas principais da Décima Edición do Torneo de Baloncesto Cadete 2017 e da Novena Edición do Torneo de Baloncesto Infantil.

Os Torneos de Baloncesto de Semana Santa contarán con tres categorías diferentes. O venres día 14 de abril disputarase o torneo de categoría Infantil Feminina Series “A” e “B”, o sábado día 15 será o turno das categorías Infantil Masculina e Cadete Masculina Serie “B”, e clausurarán o campionato as categorías Cadete Masculina Serie “A” e Cadete Feminina o domingo día 16 de abril.

No torneo de categoría cadete participarán os equipos do club anfitrión Seis do Nadal – Coia (Vigo), os combinados galegos do CB Noia, CB Redondela, Salesianos Vigo, Básquet Coruña, Obradoiro CAB (Santiago de Compostela), Instituto Rosalía (Santiago de Compostela), O Meco (O Grove), Bosco Ourense, Eduardo Blanco Amor (Ourense), CB Arxil (Pontvedra); os combinados de Castela e León, o Agustinos León (León); e o equipo de Asturias Baloncesto Vegadeo.

En categoría infantil participarán os combinados do club anfitrión Seis do Nadal – Coia (Vigo); un equipo das Escolas Deportivas (Liga LINCO) da entidade; os equipos galegos do Santa Baia (Boiro), CLB (Vilagarcía de Arousa), Airexa Nigrán, Costa Artabra (Ferrol), CB Maside, CB Noia, Xuven (Cambados), O meco (O Grove), CB Tui, Marín Peixegalego, CB Redondela e CB Nigrán; e o equipo de Castela e León, o Agustinos León (León).

Manel Fernández, Concelleiro de Deportes de Vigo, animou á entidade viguesa a seguir traballando ao nivel que presentan na actualidade e asinou o convencio de colaboración dentro do actual proxecto Gañamos Todos. O acordo foi asinado pola Presidenta do Seis do Nadal – Coia, Concepción Martins, que estivo acompañado polo directivo Ramón Román e polo Director Deportivo da entidade, Sergio González.