Tosca, de Giacomo Puccini, no Teatro Afundación Vigo

Baixo a organización da Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo lévase a termo por primeira vez na cidade olívica a representación con orquestración completa
Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Tosca, de Giacomo Puccini, no Teatro Afundación Vigo

O Teatro Afundación Vigo acollerá o vindeiro sábado 21 de setembro ás 20.30 h, baixo a organización da Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo, a representación en versión de concerto dramatizado de Tosca, de Giacomo Puccini. Será a primeira vez que a cidade olívica conte coa orquestración completa. As entradas para este espectáculo están xa á venda a través de Ataquilla.com.

Tosca, de Giacomo Puccini

Tosca é unha ópera en tres actos, con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Luigi Illica e Giuseppe Giacosa. Foi estreada con éxito en Roma, o 14 de xaneiro de 1900, no Teatro Costanzi. O texto da obra está baseado nun intenso drama, A Tosca, de Victorien Sardou, presentado en París en 1887, e protagonizado no teatro pola gran Sarah Bernhardt.

Tosca é considerada unha das óperas máis representativas do repertorio verista italiano, pola súa intensidade dramática e por conter algunhas das arias máis belas do repertorio. O argumento combina amor, intriga, violencia, paixón e morte. Xunto a Madama Butterfly e La bohème, integra o trío de óperas máis coñecidas de Puccini.

A acción transcorre en Roma, o 14 de xuño de 1800, cando Napoleón vence os austríacos ao mando do xeneral Michael von Melas na batalla de Marengo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.