Un total de 6 empresas presentan ofertas para redactar o proxecto de reforma da estación de autobuses de Pontevedra, na que a Xunta investirá 1,5 millóns de euros

Estas obras forman parte do proxecto da intermodal de Pontevedra e complementaranse coa conexión desta terminal coa estación de ferrocarril, que está xa en redacción e que suporán un investimento de 2,5 millóns de euros
Publicado por o día 25/12/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

Un total de 6 empresas presentan ofertas para redactar o proxecto de reforma da estación de autobuses de Pontevedra, na que a Xunta investirá 1,5 millóns de euros

Un total de seis empresas presentaron a súa oferta para levar a cabo a redacción do proxecto básico e de execución dae reforma da actual estación de autobuses de Pontevedra, na que a Xunta investirá 1,5 millóns de euros. Este contrato, cun prazo de execución de catro meses, consta dun orzamento de licitación de máis de 41.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé adxudicar este contrato a comezos de ano para, de forma inmediata, iniciar os traballos de redacción do proxecto.

Estas obras de remodelación da estación de autobuses forman parte das actuacións programadas para a estación intermodal de Pontevedra, que se complementa coas obras previstas de conexión desta terminal coa estación de ferrrocarril, cuxo proxecto construtivo está xa en redacción e suporán un investimento de 2,5 millóns de euros.

As obras de adecuación do edificio actual da terminal consistirán na reordenación dos locais, dotación de mobiliario (bancos, zona de recepción) e ventás, reparación de humidades e acondicionamiento de superficies, teito e aseos, reparación da instalación eléctrica e renovación da iluminación.

Ademais, prevese actuar no exterior do edificio, mellorando a estética da fachada, acondicionándoa, renovando a cubierta aproveitando a luz natural, canalización e reparación des elementos de recollida de augas pluviais,etc.

En relación coa conexión entre ambas as dúas terminais, prevese a execución dun itinerario peonil desde a estación de autobuses ata a estación de tren, por onde se conectarán as estacións, mellorando o perecorrido actual; eliminarase o acceso ás dársenas desde a rúa da Estación; crearase un espazo público, no que se xerará unha praza e pavimentaranse as zonas de tránsito peonil; e acondicionarase o aparcadoiro coa zona de despedida e a parada de taxis e da explanada da estación de ferrocarril.

Así mesmo, levarase a cabo o novo acceso de entrada e saída de autobuses desde a avenida de Josefina Urriti; reorganizarase a circulación dos autobuses na zona de dársenas; pecharase o ramal actual de entrada á estación coa liberación dos marcos de encauzamento do río Gafos e a adecuación da zona, ademais do peche perimetral da estación.

En total, o proxecto da estación intermodal de Pontevedra suporá un investimento de preto de 4 mllóns de euros dos cales a Xunta achegará preto de 3 millóns e o Concello de Pontevedra 1 millón.

O Executivo autonómico reservou nos Orzamentos para 2018 unha partida duns 800.000 euros para avanzar nesta actuación, o que amosa seu compromiso con este proxecto estratéxico para a cidade de Pontevedra, que facilitará o intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte.