Toto preparado para as novas edicións das ligas internas de colexios, Ligas Linco, do club baloncesto Seis do Nadal

A xornada inaugural terá lugar o mañá 26 de xaneiro a partir das 16:30 horas no Pavillón de Navia
Publicado por o día 25/01/2018 na sección de Baloncesto,Deportes,Galicia,Vigo

Toto preparado para as novas edicións das ligas internas de colexios, Ligas Linco, do club baloncesto Seis do Nadal

O pasado mércores día 24 de xaneiro do 2018 tivo lugar no Concello de Vigo a presentación aos medios das dúas novas edicións das Ligas Internas de ColexiosLigas LINCO, que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia co apoio do Concello de Vigo na presente tempada 2017/2018.

Durante a presentación das novas Ligas LINCO 2018Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, estivo acompañado pola Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, Concepción Martins; os membros da Xunta Directiva Ramón Román Miguel Ángel Pena; e o Director Deportivo do club, Sergio González.

Liga LINCO de categoría minibásquet, dirixida a xogadores e xogadoras de 6 a 12 anos, cumpre xa o seu décimo sexto aniversario e se celebrará tódolos venres no pavillón de Navia de 16:15 a 18:00 horas. A Liga LINCO XL, na que participarán rapaces e rapazas infantís e cadetes entre 13 e 16 anos, terá lugar cada dous domingos no Colexio Celso Emilio Ferreiro de 12:00 a 13:00 horas por mor das obras no Estadio Municipal de Balaídos.

Preto de 200 nenos e nenas participarán nas Ligas LINCO 2018, escolares integrantes das Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas do Club Baloncesto Seis do Nadal: as escolas deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro e CEIP Javier Sensat; e das tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Navia e Etea.

“O programa municipal de Escolas Deportivas do Concello de Vigo conta con varias ligas como complemento da formación deportiva semanal e a Liga LINCO é unha das ligas máis importantes”, subliñou Manel Fernández, que tamén avanzou que a inauguración terá lugar este venres día 26 de xaneiro do 2018 ás 16:30 horas no pavillón de Navia.

Aínda que o Concello de Vigo é o patrocinador principal das Liga LINCO, o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia conta co apoio e colaboracións privadas de Larsa, Biscuits Galicia, Decathlon e Dispaint; tanto para as merendas como para o meterial necesario nestas competicións.