Nova concentración das traballadoras de Perfumerías Neobel contra o acoso laboral

Dun cadro de persoal de 12 traballadoras, 6 están de baixa
Publicado por o día 03/10/2019 na sección de CIG,Protestas,Sindicatos

Nova concentración das traballadoras de Perfumerías Neobel contra o acoso laboral

A CIG-Servizos e traballadoras da empresa Perfumerías Neobel, do grupo Perfumerías Avenida, desenvolveron este xoves unha nova concentración, diante da tenda que a cadea ten na República do Salvador en Compostela,  para protestar contra o acoso laboral. Na empresa hai 6 traballadoras de baixa dun total de 12 que conforman o cadro de persoal, 4 delas polo acoso laboral sufrido na empresa.

A CIG-Servizos denuncia que as traballadoras sofren coaccións, por parte da empresa, para que abandonen a reducción de xornada por garda legal dun fillo/a menor de de 12 anos. A situación chega ao punto de que mesmo teñen que pedir permiso para ir ao baño á encargada da tenda que as persegue para controlar o tempo que empregan.

Ademais padecen insultos, berros e faltas de respeto continuamente por parte da encargada.

Rexeitan o traslado proposto pola empresa

A CIG-Servizos rexeita a proposta da empresa de recolocar ás traballadoras afectadas noutras tendas, xa que “elas son as vítimas de acoso e non son o problema”. Fronte a isto defende que saque dese centro de traballo a quen son responsábeis de exercer ese acoso sobre elas: o xerente e a encargada da empresa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.