Traballadoras/es de Froiz mobilizánse polo mantemento das xornada intensivas implantadas durante o estado de alarma

A sección sindical da CIG lembra que esta é unha vella reivindicación que a empresa segue sen atender
Publicado por o día 26/06/2020 na sección de CIG,Protestas,Sindicatos

Traballadoras/es de Froiz mobilizánse polo mantemento das xornada intensivas implantadas durante o estado de alarma

O comité de Froiz na provincia da Coruña realizou este venres unha concentración diante do supermercado que a empresa ten na Avenida de Oza da Coruña para exixir da empresa que manteña as xornadas intensivas implantadas durante o estado de alarma provocado pola pandemia da Covid19.

A sección sindical da CIG subliña que esta “é unha loita histórica da nosa central sindical en Froiz” e que agora, tras implantar esta xornada durante a pandemia, “demostrouse que é o mellor sistema para organizar o traballo nos centros, alén de  facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos traballadores e das traballadoras”.

A única do sector sen xornadas continuadas

A día de hoxe, explican, Froiz é a única empresa do sector que non ten a ningunha das persoas contratadas a tempo completo traballando con xornadas continuas de luns a sábado. “A pesares de solicitarllo por activa e por pasiva na última reunión que mantivemos coa dirección a principios deste mes, a súa actitude foi de absoluta negativa sen dar ningunha razón de peso para seguir adiante con esta decisión, que foi ratificada nun comunicado enviado a todos os centros o pasado 22 de xuño”.

Para a sección sindical, con esta medida Froiz demostra unha total falta de consideración cos seus traballadores e traballadoras xa que por parte da CIG nesa última xuntanza se lle solicitou que concedera unha licenza retribuída por deber inescusábel a todos aqueles compañeiros e compañeiras que non teñen con quen deixar as súas crianzas mentres permanezan pechadas as garderías e colexios.

A CIG tamén demandou o aumento en cartos ou en tempo de descanso  da compensación que abonaron de 200 euros brutos no mes de abril  debido ao  esforzo físico e mental  realizado durante o estado de alarma, pero a empresa “negouse totalmente a todas as nosas peticións”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.