Traballos de mantemento das instalacións dos colexios

Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Traballos de mantemento das instalacións dos colexios

O Concello de Ribadumia informa que aproveitando a época estival, os empregados municipais estiveron realizando uns traballos de mellora e mantemento nas instalacións do recinto do colexio CPI Julia Becerra Malvar e do CRA de Ribadumia para que estea nas mellores condicións para o novo curso escolar 2019/2020 que da comezo hoxe.

No edificio da escola, realizáronse traballos de pintado, así como mantemento de portas e persianas.

Ademáis, tamén se levaron a cabo traballos de mantemento nas instalacións do CRA de Ribadumia, onde do mesmo xeito se revisou fontanería e carpintería, así como pintado para que os nenos se atopasen cos seus centros nas mellores condicións. Estas actuacións recollen os catro centros que conforman o CRA, que son Ribadumia, Leiro, Lois e Sisán.

Nos próximos días acometerase tamén no Pavillón de deportes de Barrantes o cambio de planchas no teito para asegurar dita instalación e manter así a seguridade na zona.

Todos estes traballos correspóndense coas peticións feitas polas direccións tanto do CPI como do CRA no remate do pasado ano escolar e foron realizadas con persoal e fondos propios do Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.