Tráfico realizará máis de 20.000 probas diarias de alcol e outras drogas a condutores

Realizaranse controis a calquera hora do día e en todo tipo de vías nunha época do ano no que o consumo das substancias psicoactivas aumenta
Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Galicia

Tráfico realizará máis de 20.000 probas diarias de alcol e outras drogas a condutores
Como vén sendo habitual nos últimos anos por estas datas, a Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha campaña de concienciación sobre o risco que supón o consumo de substancias psicoactivas e a condución, nunha época do ano no que o consumo de alcol e doutras drogas aumenta debido ás comidas e ceas do Nadal.
Durante unha semana, do 10 ao 16 de decembro, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis sobre este factor de risco causante de case un terzo dos accidentes mortais.
Debido á preocupación que na Unión Europea tense sobre os efectos destas substancias psicoactivas na condución, esta campaña desenvólvese de forma simultánea en 25 países europeos a través da Organización Internacional de Policías de Tráfico (TISPOL).
Segundo Pere Navarro, director xeral de Tráfico “o obxectivo deste tipo de campañas é concienciar aos cidadáns que non só o alcol é incompatible coa condución, senón que outras drogas como o cannabis, a cocaína, anfetaminas, opiáceos…son substancias psicoactivas que teñen efectos, en moitos casos letais, cando despois condúcese”.
Ademais, engadiu que “a realización destes controis preventivos na estrada é xunto coa educación viaria, un dos instrumentos máis eficaces para disuadir ao condutor de poñerse ao volante se consumiu calquera substancia psicoactiva”.
Durante os sete días estableceranse diferentes puntos de control en todo tipo de estradas e a calquera hora do día, onde se realizarán máis de 20.000 probas diarias de alcoholemia e drogas aos condutores que circulen por elas.
Poñerase especial énfase nos colectivos policonsumidores, aqueles condutores que se poñen ao volante e que consomen habitualmente alcol ou drogas.
Co obxectivo de que a campaña se xeneralice tamén nas vías urbanas, Tráfico convidou aos concellos de máis de 25.000 habitantes para que se somen á campaña, co establecemento de controis nos seus respectivos centros urbanos.

DAS ESTATÍSTICAS…. Á REALIDADE

En 2017, o 26% dos condutores falecidos (ámbito DXT) e analizados polo Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses así como polos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Murcia e Galicia, deu resultados positivos nas proba de alcol, e deles, o 74% presentaba unha taxa superior a tres veces a taxa máxima permitida.
 
O alcol e as outras drogas non só están relacionados cunha maior accidentalidade, senón que tamén supoñen unha maior mortalidade e lesións máis severas.
O 25% das mortes na estrada en Europa están relacionadas co alcol, mentres que só o 1% do total de quilómetros percorridos son conducidos por persoas con 0,5 gr/ l ou máis de alcol en sangue, segundo o Observatorio Europeo de Seguridade Viaria ( ERSO)
O Estudo de prevalencia de substancias psicoactivas en condutores ( EDAP) realizado en 2015 pola DXT constata que 12 de cada 100 condutores circulan tras inxerir drogas e/ou alcol.

MOI CASTIGADO POLA LEI

 
Á hora de conducir, a presenza de alcol e outras drogas no organismo está moi castigada pola Lei.
Vía administrativa: A Lei de Seguridade fixa as taxas máximas de alcol permitidas para os condutores. Así como a prohibición de conducir con presenza de drogas no organismo.
 

Sancións

 
A Lei de Seguridade Viaria contempla para os condutores reincidentes, tomados como tales aqueles que fosen sancionados no ano inmediatamente anterior por dar positivo a alcol, a sanción de 1.000€..
Esta mesma sanción de 1.000€ aplícase tamén a aqueles condutores que circulen cunha taxa que supere o dobre da permitida.
No caso das drogas, a lei prohibe conducir con presenza de drogas no organismo do condutor, quedando excluídas as substancias que se utilicen baixo prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica. Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000 € e a retirada de 6 puntos.
 
Vía Penal: O capítulo IV do Código penal tipifica os delitos contra a seguridade do tráfico e establece as seguintes penas para conducir con exceso de alcol ou baixo a influencia de drogas.