O Tramabús no Hospital Álvaro Cunqueiro

Tal e como anunciou onte en rolda de prensa a Secretaria Xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, o Tramabús chega mañá a Galicia para iniciar unha ruta de dous días pola xeografía do noso país.
Publicado por o día 04/05/2017 na sección de Podemos,Política,Vigo

O Tramabús no Hospital Álvaro Cunqueiro

Galicia súmase á ruta do Tramabús por ser un dos territorios onde a trama de corrupción que está a denunciar Podemos ten os seus tentáculos máis arraigados.

“A corrupción ten denominación de orixe galega”, por iso, ás figuras xa coñecidas que aparecen no veículo se sumará un personaxe sorpresa vencellado directamente con Galicia.

Percorrido: Vigo-Ourense

Saída (Hospital Álvaro Cunqueiro) Vigo: 15.00 H

Chegada (Deputación Provincial) Ourense: 17.50 H