Transcurso da folga de hoxe no ferrocarril

Publicado por o día 05/12/2013 na sección de CGT,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

Transcurso da folga de hoxe no ferrocarril

   Hoxe 5 de decembro, estáse a desenvolver unha nova folga no Sector Ferroviario, nesta ocasión de 24hs. que supón o segundo paro de toda a xornada tras a feita o 31 de outubro e que da continuidade os 11 paros parciais de duas horas por quenda que @s [email protected] veñen facendo dende finais de Outubro contra a segregación de RENFE en catro empresas e a división de ADIF en duas, pola defensa do emprego no ferrocarril e contra a privatización das empresas públicas ferroviarias, principal motivo que leva o goberno a dividir RENFE-Operadora en Viaxeiros, Mercadorías, Mantemento de Material INTEGRIA) e Aluguer de material rodante.

 O pasado sábado 30 de novembro, mais de 3000 [email protected] manifestáronse dende Chamartín o Ministerio de Fomento, protestando polo modelo ferroviario que o P.P. tenta impoñer en España e que vai mais aló do que lexislan as Directivas comunitarias en materia ferroviaria.

  O día 1 de xaneiro e a data na que as dúas empresas pasarán a dividirse e a 26 días deste intre, aínda nin RENFE nin ADIF comunicaron o Comité Xeral de Empresa @s [email protected] que pasarán a cada unha das novas sociedades que se van a crear.

  No caso de RENFE a derradeira xuntanza que mantivo a mesa de negociación empresa sindicatos para aplicación da segregación, celebrouse o pasado 4 de novembro, fai un mes e dende entonces, RENFE non convocou negociación algunha, polo que o proceso estase levando por parte de RENFE con total ocultismo, sen información nin negociación algunha nos foros oficiais creados o efecto.

   De feito xa comezan a darse casos onde a xefatura da dependencia tenta impoñer mobilidade de traballadores, incluso dicíndolle o cadro de persoal que vaia na procura dun posto libre en algunha outra xefatura das novas Sociedades, xa que ca segregación van desaparecer os seus actuais postos de traballo.

SERVIZOS MÍNIMOS: 
O día 4 e 5 as circulacións ferroviarias veranse afectadas, non circulando un total de 40 trens en Galiza, que pasamos a resumir:

  • No eixo atlántico Vigo-A Coruña-Vigo deixarán de circular 16 trens
  • Non circulará ningún tren da conexión ca fronteira portuguesa Vigo-Valença-Vigo
  • Non circularán dous trens no corredoiro A Coruña-Ferrol-A Coruña
  • Non circularán dous trens no corredoiro A Coruña-Monforte-A Coruña
  • Non circularán catro trens no corredoiro Ourense-O Carballino-Ourense
  • Non circularán dous AVANTS Ourense-Santiago-Ourense
  • Non circularán a conexión nocturna de Vigo/Coruña e Catalunya en ambolos dous sentidos o día 4, nin a de Ferrol-Madrid-Ferrol ese mesmo día.
  • Non circulará a conexión Vigo/A Coruña-Euzkadi o día 5 en ambolos dous sentidos.
  • Ademais non circulan os trens especiais que nestas datas a operadora ferroviaria poñía en circulación entre Galiza e Madrid

Estímase que veranse afectados uns 4200 viaxeiros e viaxeiras en toda Galiza. O Ministerio impuxo estes servizos mínimos que os sindicatos consideran abusivos xa que por exemplo nos trens que fan o traxecto completo Vigo-A Coruña tan só deixan de circular 3 trens por sentido dos 16 trens que circulan un día normal, polo que os servizos xurídicos de CGT e Sindicato Ferroviario van a emprender accións xudicialmente contra estes servizos mínimos impostos polo Ministerio.

 ESTA TARDE AS 17:30 H. NA ESTACION DE VIGO GUIXAR ESTÁ CONVOCADA TODA A CIDADANÍA A UNHA CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO SECTOR FERROVIARIO

PRENSA SF-Intersindical Pontevedra