Transporte municipal de Mos, unha oportunidade perdida

Publicado por o día 02/02/2018 na sección de BNG,Galicia,Mos,Política

En dezaseis meses o PP, apoiado por GAÑAMOS e PSOE preséntannos o terceiro plan de transportes, proposta que eles autodeterminan definitiva de transporte urbano de viaxeiros en Mos. Desde o BNG, volvemos a dicirlle, coma nas outras dúas veces anteriores, que sigue sendo un plan fracasado porque sigue sen apostar claramente por un plan ambicioso que cubra todo o concello. A aposta económica debería ser máis forte, pero para iso está o goberno, para priorizar a inversión, e está claro que o transporte urbano non é a súa prioridade.

O PP deixou claro neste pleno que o plan actual é o seu, o BNG o tivo claro sempre.

Utilizan soo a comisión de transportes para ter coartada e utilizar aos demais partidos ante os fracasos reiterados de seu plan. Iso si, na prensa venden ben vendido o seu produto.

Dende que presentaron o primeiro plan ata este, cada vez acércanse un chisco, ao plan de transporte presentado polo BNG, Agora si se pode pisar as concesións que antes eran imposibles, agora o bus pode pasar polas Angustias e por Ameirolongo, mais entre outras moitas cousas seguen sen falar coa Universidade para poder facer unha parada no CUVI, . As/os estudantes de Mos, ven coma pasa o bus polo CUVI e non para. Unha vergonza.

Neste pleno, o BNG tivo que avisar ao goberno da entrada en vigor da transitoria décima da Lei 9/2017, que anula o IVE as subvencións ao transporte viaxeiros. E que entraba en vigor ao día seguinte da publicación. Isto demostra que non se decatan de por onde andan.