A longrametraxe documental “VIGO 1972” remata os súas dúas primeiras semanas en carteleira superando os 1.400 espectadores na cidade de Vigo. Un dato contundente e motivo máis que suficente para que a cinta dirixida por Roi Cagiao e producida por Emilio J. Fernández non só continue nos cines vigueses ata o vindeiro xoves 16, senón que vexa como o número de proxeccións diarias en cine se incrementan.
Produtor e director non agochan o seu entusiasmo pola marcha do proxecto, que se proxectará no prestixioso Festival Cineuropa dentro da sección “Panorama Audiovisual Galego” o vindeiro martes como antesala da estrea o día 17 nos cines desa cidade.
“É moi pouco común que un documental acade arrastrar xente ás salas de cine como o está facendo `Vigo 1972´” comenta o produtor Emilio J. Fernández. “Estamos entusiasmados pola resposta que se está dando na cidade de Vigo e cremos que o proxecto ten tamén unha potencialidade importante no resto de Galicia, pois os sucesos que narra (a histórica folga acontecida en setembro dese ano na cidade) e un feito determinante na historia viguesa, pero tamén galega. Unha vez finalizado o percorrido do filme nos cines galegos comezará a distribuirse fóra de Galicia.”
“Demóstrase o interese que existe por estes feitos históricos” apunta Roi Cagiao. “Pero tamén que a película orgánizase correctamente a nível dramático, que engancha e emociona aos espectadores; doutro xeito o “boca a boca” non funcionaría coa intensidade coa que o está a facer”.