Un helicóptero trasladou esta tarde a unha muller que foi atopada flotando na auga, ao final da Praia de Vilariño, en Aldán.
Sucedeu ao fío das 15 :45 horas cando, a esa hora, un particular chamou ao 112 Galicia para comunicar o achado. A partir de aí, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron os feitos de inmediato en coñecemento do persoal de Salvamento Marítimo, do Servizo de GardaCostas de Galicia e dos Servizos Sanitarios de Urxencia de Galicia-061. Do mesmo xeito, alertaron aos axentes da Garda Civil, Policía Local e aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, por parte do alertante, unha persoa particular que se atopaba no lugar foi quen sacou á muller da auga, que tras ser reanimada na mesma Praia, foi evacuada polo persoal sanitario na aeronave ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Son veciño de Cangas, cursei os meus estudos no Colexio Público de Espiñeira Aldán, Instituto de Rodeira (Cangas) e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo). Son ex-xogador de voleibol e adestrador.
Actualmente: Fotoxornalista e activista, defensor dos dereitos humanos, procurando que a clase política cumpra as súas promesas. No paro, debido a un accidente e cun grao de minusvalía dun 73%.