Trasladada unha muller con queimaduras nun brazo despois de producirse un incendio na cociña da súa vivenda en Vigo

Por o 29/09/2018 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Trasladada unha muller con queimaduras nun brazo despois de producirse un incendio na cociña da súa vivenda en Vigo

Unha muller foi trasladada, este mediodía,  ao sufrir queimaduras nun brazo  a causa dun incendio na súa vivenda que provocou unha tarteira ao lume.

Pasaban dez minutos das 14:00 horas, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que á súa veciña lle ardía o piso, na Avenida de García Barbón, en Teis.

Así, decontado, os profesionais do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros da cidade e alertaron, por precaución, ao 061-Urxencias Sanitarias. Tamén, solicitaron a colaboración da Policía Local e de Protección Civil.

Finalmente, a muller, aínda que non parecía revestir gravidade, foi trasladada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de Povisa.

Os membros de extinción, tras apagar o lume, indicaron que unicamente ardeu unha tarteira que quedara ao lume.

Lume en Teis

Hai unha hora os bombeiros da cidade de Vigo acudiron á chamada dunha emerxencia, a emerxencia foi xustamente diante das vivendas da Pisicina do Barrio Vigués de Teis, unha muller deixou unha tixola ao lume, dita tixola provocou un pequeno conato de incendio na vivenda. Só causou danos materiais non persoais.Video vía Isa Müller

Publiée par Noticias de Vigo sur Samedi 29 septembre 2018

Comentar noticia

Your email address will not be published.