Trasladada unha muller en Vigo por inhalación de fume a causa dun incendio na súa vivenda

Por o 30/10/2018 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Trasladada unha muller en Vigo por inhalación de fume a causa dun incendio na súa vivenda

Unha muller foi trasladada esta mañá con síntomas de intoxicación debido ao fume que provocou un incendio na súa vivenda, situada na rúa Cuntis, na cidade de Vigo.

Todo parece indicar que o lume, que se iniciou sobre as 06:00 horas desta mañá, foi causado por un fallo eléctrico. Así o explicaron os Bombeiros de Vigo  ao 112 Galicia. Ardeu unicamente unha arca situada nunha galería da vivenda.

A esa hora, a mesma afectada, chamou ao 112 para pedir axuda. Indicaba que tiña a casa chea de fume, posiblemente, por mor dun curtocircuíto.

Con estes datos, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, alertouse ademais de ao 061-Urxencias Sanitarias, aos membros do servizo de extinción olívicos e aos axentes da Policía Nacional e Local, que decontado se desprazaron ao punto.

Os servizos sanitarios confirmaron o traslado da muller ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.