Trasladada unha muller por inhalación de fume tras producirse un incendio na súa vivenda na Coruña

Publicado por o día 03/05/2020 na sección de A Coruña,Galicia,Sucesos

Trasladada unha muller por inhalación de fume tras producirse un incendio na súa vivenda na Coruña

Unha muller foi evacuada ao centro hospitalario de referencia este mediodía despois de sufrir unha intoxicación por fume tras producirse un incendio na súa vivenda na Coruña.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencias que acudiron ao lugar dos feitos, a moradora sufriu unha caída e non era quen de incorporarse soa. Mentres tanto, unha tarteira ao lume seguía consumíndose e provocou unha intensa fumareda no interior do edificio.

Ás 12:30 horas, un familiar contactou co 112 Galicia para solicitar axuda tras intentar contactar coa persoa afectada sen suceso e apreciar un cheiro a queimado na vivenda localizada na Rúa da Sagrada Familia.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, dos Bombeiros da Coruña, dos axentes da Policía Nacional e Local e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de extinción confirmaron que un particular puido acceder ao interior do inmoble tras romper un cristal e que unicamente ardeu o utensilio doméstico. A muller foi evacuada polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 con síntomas de inhalación por fume.

Comentar noticia

Your email address will not be published.