Trasladada unha muller por un escape de gas no seu domicilio na Coruña

Publicado por o día 08/01/2019 na sección de Sucesos

Trasladada unha muller por un escape de gas no seu domicilio na Coruña

A pasada noite, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a unha muller de avanzada idade a causa dun escape de gas no seu domicilio, causado por unha estufa de carbón.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse pasados uns minutos das 21:30 da noite de onte, nunha vivenda situada na parroquia de Visma, concretamente no lugar de Bens.

Foi o persoal do 061-Urxencias Sanitarias quen alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia dos feitos e, nada mais recibir o aviso, dende o CIAE-112 pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local e dos Bombeiros de Coruña para realizar as medicións pertinentes no domicilio. Tras as cales, confirmouse unha concentración positiva de monóxido de carbono na vivenda.  Unha vez confirmada a existencia da fuga, procedeuse a ventilar a casa antes de finalizar a intervención.

Comentar noticia

Your email address will not be published.