Trasladada unha muller que rescataron da auga nas Sinas, en Vilanova

Publicado por o día 02/09/2018 na sección de Sucesos

Trasladada unha muller que rescataron da auga nas Sinas, en Vilanova

Un muller duns sesenta anos foi evacuada esta mañá despois de que fose rescatada da auga na Praia das Sinas, en Vilanova.

Foi ás 13:00 horas de hoxe cando un bañista se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir axuda para unha muller que sacaran da auga e á que lle estaban practicando as manobras de reanimación. Así, desde o 112, solicitouse a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que tras estabilizar á paciente, trasladárona ao centro hospitalario de referencia.

Como apoio ao equipo sanitario, o 112 informou aos axentes da Policía local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.