Trasladada unha persoa despois de producirse un incendio nunha vivenda en Ponteareas

Por o 07/04/2018 | Sección: Sucesos
Trasladada unha persoa despois de producirse un incendio nunha vivenda en Ponteareas

Unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro tras declararse un incendio nunha vivenda en Ponteareas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou un sofá e o fume afectou ao salón da casa na súa totalidade.

Os feitos tiveron lugar na rúa Doctor Fernández de la Vega, á altura do número 8. O 112 Galicia tivo constancia do incendio ás 19:10 horas, a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias.

Acto seguido, o persoal do CIAE puxo a situación en coñecemento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e os Bombeiros de Ponteareas, da Policía Local e de Protección Civil. Ademais, dende o CIAE informouse dos feitos aos Bombeiros de Vigo.