Trasladada unha persoa en Nigrán con síntomas de intoxicación posiblemente a causa da mala combustión dun quentador

Publicado por o día 28/02/2020 na sección de Galicia,Nigrán,Sucesos

Trasladada unha persoa en Nigrán con síntomas de intoxicación posiblemente a causa da mala combustión dun quentador

Unha fuga de gas, posiblemente, debido á mala combustión dun quentador foi a causa pola que unha persoa tivo que ser trasladada  polos servizos sanitarios de urxencia, ao presentar síntomas de intoxicación. Así o relataban os membros do GES de Val Miñor, que acudiron ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia.

Todo ocorreu sobre as 00:30 horas desta noite pasada. A esa hora, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitaba ao 112 Galicia medios de intervención para un domicilio, situado na Rúa As Medoñas, no concello de Nigrán, por un posible escape de gas. Indicaban que podía haber dúas persoas afectadas na vivenda.

A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso aos membros do GES de Val Miñor,  que se desprazaron de inmediato ata o lugar. Do mesmo xeito, puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Porriño e dos axentes da Garda Civil.

Finalmente, os membros do GES, tras realizar as correspondentes medicións, que foron negativas ao estar a vivenda xa ventilada, procederon a retirar por precaución unha bombona que había no seu interior. Ademais, confirmaron que unicamente unha persoa precisara ser trasladada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.