Trasladada unha persoa na Coruña por inhalación de fume tras producirse un incendio na cociña da súa vivenda

Por o 16/01/2018 | Sección: Sucesos
Trasladada unha persoa na Coruña por inhalación de fume tras producirse un incendio na cociña da súa vivenda
Compartir en:

Unha persoa foi  trasladada ao Hospital Clínico Universitario da Coruña tras inhalar o fume que provocou un incendio na súa vivenda. O suceso ocorreu na Rúa de Simón Bolívar, na parroquia de Visma. Ardeu a campá extractora e víronse afectados os mobles da cociña, así o aseguraron os Bombeiros da cidade cando chamaron ao 112 Galicia para informar da extinción do lume.

Nada mais recibir a chamada de alerta do persoal sanitario, sobre as 22:00 horas da noite pasada, o 112 Galicia informou decontado aos Bombeiros que xa tiñan desprazado unha dotación no lugar, tras seren alertados por un particular.

Tamén, a Policía Local prestou a súa colaboración.