Trasladada unha persoa por inhalación de fume tras rexistrarse un conato de incendio nunha estancia da súa vivenda en Ourense

Publicado por o día 01/08/2020 na sección de Galicia,Ourense,Sucesos

Trasladada unha persoa por inhalación de fume tras rexistrarse un conato de incendio nunha estancia da súa vivenda en Ourense

Unha persoa foi trasladada esta tarde polos servizos sanitarios de urxencia ao resultar afectadas por inhalar o  fume que provocou un conato de incendio rexistrado nunha estancia da vivenda, na rúa Carlos Maside, na cidade de Ourense.

Os Bombeiros da cidade, que se desprazaron ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia, indicaron que unicamente arderan unhas pezas de roupa no cuarto de baño da casa.

Ao fío das 14:15 horas deste mediodía, un dos habitantes chamou ao 112 para pedir axuda. Aseguraba ter fume e notar cheiro a queimado no salón do inmoble, pero non sabía que era o que ardía. Indicaba que ninguén estaba ferido. Sen embargo, unha vez no punto, os servizos sanitarios confirmaron o traslado dunha persoa ao centro hospitalario de referencia.  Ademais, indicaron que o mesmo alertante sufrira unha crise nerviosa pero rexeitara a asistencia sanitaria.

Os axentes da Policía Nacional e Local tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.