Trasladada unha persoa en Vigo con síntomas de intoxicación debido á mala combustión dunha caldeira

Por o 09/01/2018 | Sección: Sucesos
Trasladada unha persoa en Vigo con síntomas de intoxicación debido á mala combustión dunha caldeira
Compartir en:

A mala combustión dunha caldeira foi a causa pola que unha persoa tivo que ser trasladada despois de verse afectada con síntomas de intoxicación.

Así o constataba o persoal sanitario ao 112 Galicia sobre as 19:00 horas da tarde pasada. Indicaban que unha ambulancia se dirixía ao Barrio de Salgueira Grupo Sindical, en Sárdoma, para asistir a unha persoa que se atopaba con mareos. Ademais, aseguraban que había cheiro a gas na vivenda.

Con estes datos, o persoal do CIAE alertou aos Bombeiros da cidade que, decontado, se desprazaron ao punto indicado. Tamén, informouse da situación aos axentes da Policía Local e   de Protección Civil.

Tras chegar ao lugar, a vivenda xa fora ventilada polos técnicos sanitarios, aínda así, os Bombeiros comprobaron a mala combustión da caldeira que había no seu interior polo que,  se puxeron os feitos en coñecemento do persoal da empresa subministradora do gas.

 A persoa foi evacuada polo persoal sanitario ao Hospital Povisa de Vigo.