Trasladadas dúas noiesas por un posible escape de gas no seu domicilio

Publicado por o día 05/09/2018 na sección de Sucesos

Trasladadas dúas noiesas por un posible escape de gas no seu domicilio

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao Hospital Clínico de Santiago a dúas mulleres a causa dun posible escape de gas no seu domicilio.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse de madrugada nunha vivenda situada na Rúa Sande e Lago, na parroquia de Barro. Foi, tras os pertinentes exames médicos, cando se comezou a sospeitar nun posible escape de gas como a causa dos desmaios que sufriran. Por iso, desde o 112, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Boiro, efectivos do servizo local de emerxencias e do GES de Brión co fin de realizar medicións na vivenda.

Unha vez rematada a súa intervención, os bombeiros aclararon que tras o traslado das afectadas, a casa foi ventilada e a chave de paso do gas cortada, polo que as medicións deron negativas. Non obstante, solicitaron unha revisión aos técnicos subministradores do butano para que comproben se a instalación funciona correctamente.