Trasladadas dúas persoas a causa dun incendio nunha vivenda en Ponteareas

Publicado por o día 05/05/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Trasladadas dúas persoas a causa dun incendio nunha vivenda en Ponteareas

Dúas persoas foron trasladadas hoxe en Ponteareas a causa dun incendio producido nun ático dun edificio de catro pisos, situado na Rúa Esperanza.

Ata o lugar acudiron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Ponteareas, nada mais ser alertados polo 112 Galicia. Segundo informaron os Bombeiros, unha tarteira ao lume foi a orixe do incendio. Ardeu a cociña por completo e o resto da vivenda resultou afectada polo fume.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso, ao fío das 11:30 horas, grazas á chamada dun particular. Foi a partir dese momento, cando os xestores do CIAE ademais de alertar ao 061-Urxencias Sanitarias e Bombeiros de Ponteareas, deron conta dos feitos á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Tamén, os Bombeiros de Vigo foron alertados, por se fose precisa a súa intervención.

Comentar noticia

Your email address will not be published.