Trasladado parte dos Servizos Sociais á CasaAzul ata novo aviso

As traballadoras sociais 01, 03, 07, 08 e 09 permanecen na sede habitual e o resto atenderán aos usuarios nas instalacións municipais da rúa Sor Lucía
Publicado por o día 19/01/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Trasladado parte dos Servizos Sociais á CasaAzul ata novo aviso

Os danos causados polo conato de incendio declarado en dependencias do chalé de Fontoira obrigan a trasladar a atención dunha pequena parte dos Servizos Sociais municipais de tal xeito que as traballadoras sociais 01, 03, 07, 08 e 09 permanecen na súa sede habitual o resto foron trasladas á CasaAzul, onde estarán ata novo aviso.

As persoas que teñan que despachar coas traballadoras desprazadas as dependencias municipais da rúa Sor Lucía (CasaAzul) accederán pola parte de atrás do edificio. O espazo habilitado está no soto.

Onte os usuarios dos Servizios Sociais foron atendidos por un retén de emerxencia e hoxe xa se poder falar de normalidade no funcionamento.