Trasladado un home ao queimarse tras un incendio na cociña da súa vivenda en Narón

Publicado por o día 10/05/2020 na sección de Sucesos

Trasladado un home ao queimarse tras un incendio na cociña da súa vivenda en Narón

Unha tixola esquecida ao lume foi a causa dun incendio na cociña dunha vivenda a pasada noite en Narón. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, un home precisou ser trasladado a un centro médico ao queimarse nas mans mentres intentaba atallar as lapas.

Os feitos sucederon na rúa Río Landro, uns minutos antes das 23:30 horas. Nese momento, un veciño alertaba do incendio ao 112 Galicia.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Narón e da Policía Local.

Finalmente, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, ardeu a campá extractora da cociña.

Comentar noticia

Your email address will not be published.