Trasladan a un home en helicóptero despois de sufrir un corte coa máquina que manexaba en Ribas de Sil

Publicado por o día 14/05/2020 na sección de Sucesos

Trasladan a un home en helicóptero despois de sufrir un corte coa máquina que manexaba en Ribas de Sil

Un home foi evacuado esta mañá nun helicóptero medicalizado ata o Hospital de Monforte, debido ás feridas que sufriu cando traballaba na súa casa cunha rebarbadora.

Ao fío das 10:00 horas, a súa dona chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda. Indicaba que o accidente ocorrera na casa, situada nos Vilares, Torbeo, no concello lucense de Ribas de Sil.

Decontado, os xestores do 112, tras recibir a chamada pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou a aeronave para evacuar ao paciente.

Os axentes da Garda Civil, os membros do GES de Quiroga e os efectivos de Protección Civil  da localidade, tamén foron informados dos feitos polo 112 Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.