Trasladan a unha muller con síntomas de intoxicación ao producirse un incendio na cociña da súa vivenda en Narón

Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Sucesos

Trasladan a unha muller con síntomas de intoxicación ao producirse un incendio na cociña da súa vivenda en Narón

Unha muller tivo que ser trasladada este mediodía polos servizos sanitarios, con síntomas de intoxicación, pola inhalación do  fume que provocou un incendio orixinado na cociña da súa vivenda, situada na Rúa Reyes Católicos, en  Xubia, Narón.

Segundo a información facilitada polos Bombeiros de Narón, que acudiron ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia ardeu,  unicamente, a campá extractora.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias  (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso, ao fío das 14:00 horas, grazas á chamada dun particular que indicaba que lle estaba ardendo a campá extractora, aseguraba, ademais, que non había persoas afectadas e que o lume comezara na vitrocerámica.

Foi a partir dese momento  cando os xestores do CIAE pasaron aviso aos Bombeiros e á Policía Local, que tras chegar á vivenda, comprobaron que eran necesarios os servizos sanitarios para atender a unha muller que presentaba síntomas de intoxicación.

Así pois, desde o 112 Galicia, informouse decontado ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentar noticia

Your email address will not be published.