Trasladan ao PAC de Pizarro a unha muller agredida polo seu irmán en Vigo

Publicado por o día 12/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Trasladan ao PAC de Pizarro a unha muller agredida polo seu irmán en Vigo

O pasado día venres ás 17:39 horas, recibiuse chamada na Sala de Comunicacións do 092, por unha presunta agresión entre familiares.

Unha vez a patrulla chega ao lugar, na zona de Beade, son requiridos pola persoa que realizou a chamada C. V, natural de Vigo de 43 anos de idade.

Manifestou que se atopaba na cociña da súa vivenda, aparecendo na mesma un primo acompañado coa filla de este, de 11 anos de idade, iniciando unha discusión polo uso dunha vivenda que hai na leira da propiedade, mostrando discrepancias co feito de que se alugue.

O citado foi elevando o seu nivel de agresividade, comezando a golpear os mobles e causando danos nos mimos.

Alarmada polo ruído acudiuse a irmá, V. C, de 44 anos de idade, que comezou a chamarlle a atención pola súa actitude, aínda que ao comprobar que estaba fóra de si, dirixiuse a un cuarto contiguo para realizar chamada á Policía Local.

O agora detido ao decatarse deste feito, dirixiuse ao seu encontro realizando ameazas de morte, para acto seguido collela do pescozo, tirala ao chan e comezar a golpeala na cara, cos puños pechados.

O demandante do servizo, ante isto abalanzouse sobre o agresor logrando separarlle e situándose entre a súa vítima, ante o cal abandonou o lugar acompañado da súa filla, que tras ser testemuña involuntaria dos feitos choraba desconsoladamente.

Tras solicitar a versión do requirente, os axentes dirixíronse á habitación onde se produciu a agresión, atopando á vítima tendida no chan, coa cara arroibada e baixo os efectos dun ataque de ansiedade.

En primeira instancia, solicitaron unha ambulancia para trasladar á vítima ao Pac de Pizarro, para ser atendida das súas lesións. A citada manifestou a súa intención de presentar denuncia.

Acto seguido, os Axentes entrevistáronse co agresor, que neses momentos atopábase no xardín da propiedade xogando coa súa filla e recoñeceu os feitos.

Por todo o comentado, procedeuse á súa detención pola comisión dun Delito de Violencia Doméstica, resultando ser M. C, natural de Vigo e de 41 anos de idade.

A maiores, informouse os axentes que a primeira semana do presente mes de Agosto, xa fora detido polas mesmas causas.