Traslado de data do mercado ambulante do sábado 29 de Ponteareas

Por o 24/09/2018 | Sección: Galicia,Ponteareas
Traslado de data do mercado ambulante do sábado 29 de Ponteareas
Compartir en:

A concellería de Comercio que dirixe Inés Vidal informa de que o mercado ambulante do sábado día 29 trasládase ao venres día 28 ao coincidir coas distintas actividades da celebración das festas de San Miguel como a procesión.

Inés Vidal agradece a comprensión dos vendedores do mercado ambulante de Ponteareas e do tecido comercial en xeral e convida a toda a veciñanza a desfrutar da programación das festas de San Miguel e facer as súas compras para esta festividade na praza de abastos como no comercio local que este sábado día 29 estará aberto no horario habitual ao igual que a hostalería que ofrecerá, como de costume, os mellores pratos e produtos.

Inés Vidal convida a todos os que se acheguen a facer as súas compras a desfrutar tamén do tradicional lanzamento de globos de San Miguel.

Comentar noticia

Your email address will not be published.