Un tres por centro de usuarios con opción de cambiar de hospital exerceron este dereito

Do total da poboación da área sanitaria de Vigo que podían elixir cambiar de hospital de referencia para atención especializada (71.000 usuarios) tan só solicitaron o cambio 2.515 persoas, o que representa o 3,5 por cento.
Por o 09/12/2017 | Sección: Sanidad
Un tres por centro de usuarios con opción de cambiar de hospital exerceron este dereito

Do total da poboación da área sanitaria de Vigo que podían elixir cambiar de hospital de referencia para atención especializada (71.000 usuarios) tan só solicitaron o cambio 2.515 persoas, o que representa o 3,5 por cento.

As solicitudes de cambio para recibir atención hospitalaria no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) foron 771, mentres que para Povisa foron 1.739. Así, este ano, as demandas para ser atendido en Povisa diminuíron un 45,7 por cento con respecto ao ano anterior, no que se rexistraron 3215. Esta cifra é a máis baixa dos últimos anos xa que no 2015 foron 6.185; no 2016, 3.215; e no presente ano, 1.744 usuarios.
Todas as solicitudes foron autorizadas excepto cinco, por non cumprir os criterios establecidos.
Como conclusión, tras a Resolución do Servizo Galego de Saúde do 10 de outubro de 2017, que regulaba o procedemento para que os beneficiarios da Seguridade Social de determinados centros da área sanitaria de Vigo puidesen elixir libremente hospital durante o plazo legalmente establecido, 1.739 cambiaron a Povisa e 771 ao Chuvi, sendo o saldo final de 968 pacientes incorporados ao centro concertado.
Polo tanto, en resumo, a poboación da área de Vigo asignada ao centro sanitario Povisa, con data 1 de decembro é de 138.813 persoas, cifra por baixo dos 139.00 usuarios de referencia que establece o concerto como tope.

Hai que subliñar que os cambios de Chuvi a Povisa prodúcense no ámbito de residentes no perímetro deste hospital (Pintor Colmeiro, Nicolás Peña e López Mora), mentres que os cambios de Povisa ao Chuvi concéntranse fundamentalmente nos usuarios da comarca de Val Miñor e Morrazo, que viña sendo atendida polo hospital concertado.

Dereito á libre elección

A área sanitaria de Vigo é a única de Galicia na que a cidadanía pode exercer o dereito de libre elección de centro hospitalario de referencia cada ano.
Así, o Servizo Galego de Saúde garante que os pacientes poidan elixir libremente ser atendidos no Hospital Povisa ou no Complexo Hospitalario Universitario da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo.
Poderán solicitar a inclusión no Chuvi ou seren asignados a Povisa os beneficiarios da Seguridade Social dos centros de saúde dos concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar así como dos seguintes centros de saúde do concello de Vigo: Coia, Coruxo, Navia, López Mora, Pintor Colmeiro, Nicolás Peña, Rosalía de Castro e Beiramar.