Tres despexos inminentes de familias de Vigo, o primeiro ten data este mesmo día 27 de agosto

Publicado por o día 26/08/2020 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo

Tres despexos inminentes de familias de Vigo, o primeiro ten data este mesmo día 27 de agosto

O colectivo Os ninguéns tras varias ocasións alertando ao Concello do que estaba pasando e a sua pasividade volveu a sair a rúa para pedir solucións inminentes. A concentración tivo lugar na Praza da Princesa ás 11:30 h desta mañá.

Según Os Ninguéns as institucións están estudiando os casos sen dar alternativa firme polo de agora.

Precisamos saíren á rúa, con todas as medidas de seguridade pola emerxencia sanitaria, para esixir solucións para estes tres casos urxentes pero tamén para todos os demáis. Unha vez remate a moratoria estatal en outubro para os despexos (á que non todos poden acollerse) a cantidade de desafiuzamentos vai ser enorme, temos que ter un plan integral de acollemento en forma de parque de vivenda social.

Manifestan

“Basta de guerras de competencias: a Xunta ten competencias exclusivas en vivenda, o concello pode telas segundo a Lei de Bases… que negocien, que cooperen, pero queremos solucións e teito para todas!”

Na concentración

A este respecto, ao remate do acto sacaron unha “tarxeta amarela” simbólica a ambas administracións para representar o xogo censurable en que pretenden convertir estas situacións tan graves ao non tomar responsabilidade política por sí mesmos. Na concentración pudose ver xoguetes infantis,

O comunicado

Sobre o despexo de mañá 27, da familia de Andrea:

Logo da concentración da Dinoseta e trala reunión con Benestar deste mediodía, dende a concellería se fixeron unhas xestións (neste caso, a concelleira de Benestar) coa Dirección Xeral do Santander, encamiñadas a conseguir un trato con UCI para obter un prazo de catro meses de permanencia no piso actual: tiveron resultado, polo tanto, despexo paralizado, compas!!!! buscaremos agora a forma de atopar unha solución permanente xa que isto é temporal.

Xa ampliaremos cómo foi o proceso concreto. A nós só nos queda agradecervos a todas, á sociedade civil, o apoio para presionar en pos dunha solución institucional que levabamos meses reclamando. Tamén aos representantes políticos que estiveron todo este tempo arroupando esta reivindicación.

Puntualizar que pensamos dirixirnos ao alcalde da cidade, polo ton despectivo adicado ao noso colectivo nas súas declaracións de hoxe cando falou sobre este asunto. Publicaremos ese escrito nas redes. Pero isto é o de menos.

Grazas eternas. E non olvidamos que quedan tres familias máis, e logo das tres, moitas máis… e así seguiremos ata que academos o parque público de vivenda en aluguer que hai que arrincarlle ás institucións sí ou sí.

GRAZASSSSS! Por traballar xuntas e solidarias

Por parte do Alcalde

O alcalde despreciou o traballo que fan o foro socioeducativo Os Ninguéns.

O alcalde despreciou o traballo que fan o foro socioeducativo Os Ninguéns

O alcalde despreciou o traballo que fan o foro socioeducativo Os Ninguéns.https://www.noticiasvigo.es/tres-despexos-inminentes-de-familias-de-vigo-o-primeiro-ten-data-este-mesmo-dia-27-de-agosto/

Publicada por Noticias de Vigo en Miércoles, 26 de agosto de 2020

Comentar noticia

Your email address will not be published.