Tres familias de Vigo ao bordo do desafiuzamento, en folga de fame

Os seus lanzamentos están previstos entre o 6 e o 19 de maio. Critican o desamparo das administracións.
Publicado por o día 03/05/2016 na sección de Social,Vigo

Tres familias de Vigo ao bordo do desafiuzamento, en folga de fame

Tres membros doutras tantas familias de Vigo, que irán a xuízo en próximos días e están á espera dos seus respectivos lanzamentos por falta de pagamento de aluguer, iniciaron este pasado luns, 2 de maio, unha folga de fame que visibilizarán diante do Concello vigués, concello que segue insistindo que en Vigo NON hai desafiuzamentos cando pois SE os hai, cando o alcalde prodígase por toda españa dicindo “A oficina antidesafiuzamento é a miña mesa. Chamo eu ao banco e os paro”, esta acción por estas tres familias con fillos ao seu cargo denuncian a falta de axudas e solucións por parte desta administración á súa situación. A folga de fame esta prevista desde o día de onte ás 12:00h e ata o día 5 de maio ás 12:00 ás portas do Concello.

Merchy, Isabel e Ricado , tras as negativas reiteradas do Alcalde de recibirlles para solucionar a súa delicada situación hoxe foron recibidos pola concelleira de Benestar, coa folga lograron ser recibidas pola concelleira de Benestar Social, a socialista Isaura Abelairas, con quen se reuniu esta mañá. Tamén falou con eles o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que acudiu ao Concello a asinar un convenio coa Caixa e co alcalde sobre pobreza infantil.

Así mesmo, ante as críticas de Caballero de que “nunca -ve- a algúns chamar á porta” da Xunta, que “é quen ten a competencia”, estas familias afirmaron que representantes da Administración autonómica recibíronlles no seu momento pero déronlles unha solución que “non valía” e que pasaba por irse “fóra da cidade”. Con todo, reiteraron que, a pesar dos seus numerosos escritos, concretamente 13, nin o alcalde nin os edís vigueses reuníronse con eles: “Non lles interesa”.

Os afectados protagonizaron a semana pasada unha protesta no pleno municipal e aseguran que as subvencións de emerxencia do Concello son puntuais e non resolven o problema de forma definitiva. Apuntan a que as axudas se entregan nun curto período de tempo pero a tramitación do denominado cheque social pódese prolongar meses.

O concello de Vgo ofreceu Merchy e a Ricardo o pago do seu aluguer durante un mes na súa actual vivenda para gañar tempo mentres buscan unha solución. Tamén se comprometeu a informarlles se xorde algún piso en aluguer en Vigo e se aparece abonarlles a fianza e o primeiro mes de aluguer. Mentres aínda se agarda unha solución para Isabel.

Rubens Rocha