Tres feridos en Redondela tras perder o control do vehículo no que viaxaban ao quedar sen freos

Os tres ocupantes dunha furgoneta resultaron feridos onte despois de saírse da vía ao seu paso por Redondela.

Todo parece indicar que cando o vehículo circulaba pola N-550, á altura de Cedeira, quedou sen freos e o condutor perdeu o control, o que provocou que se saíra da vía. Os tres  ocupantes resultaron feridos, aínda que non parecían revestir gravidade. Afortunadamente, puideron saír polos seus propios medios do interior do vehículo.

Debido ao impacto e tras saírse da calzada, o vehículo chocou contra o muro dunha casa causando danos materiais na propiedade e nun poste.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 21:00 horas deste xoves, a través de varias persoas particulares que chamaron para pedir axuda.

A partir de a√≠, os xestores do 112 ademais de alertar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, puxeron os feitos en co√Īecemento dos axentes de Tr√°fico, da Polic√≠a Local e dos efectivos de Protecci√≥n Civil de Redondela. Tam√©n, solicitaron a colaboraci√≥n do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargaron da limpeza da v√≠a.

Noticias de √ļltima hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario