Tres focos están ardendo con forza a estas horas en diversos puntos de Boiro e A Pobra do Caramiñal

Concretamente, en Cures e Mosquete.
Publicado por o día 18/03/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Tres focos están ardendo con forza a estas horas en diversos puntos de Boiro e A Pobra do Caramiñal

Un incendio con varios focos atópase agora mesmo activo preto da Curota. O lume iniciouse pouco antes das once da noite na parroquia de Lampón, en Boiro. Afecta a unhas 3 hectáreas de monte raso na zona de Mosquete, concretamente entre A Curota e o monte Iroite. Na zona atópanse xa 2 axentes, 2 brigadas e 3 motobombas pero Medio Rural está a enviar máis medios porque agora mesmo sopra o vento con forza e está a avivar as chamas.

A falta da investigación sobre a orixe do lume, ao tratarse de varios focos que arrincaron de forma simultánea, todo apunta a que pode tratarse dun lume intencionado, que castigaría de novo unha zona de monte raso que arde case todos os anos. Os servizos de extinción da Xunta forman parte dos empregados públicos «de carácter esencial» que seguen traballando estes días de confinamento obrigado polo estado de alarma.

Comentar noticia

Your email address will not be published.