Tres galegos no mundial de Slalom e descenso

Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Deportes,Piragüismo

Tres galegos no mundial de Slalom e descenso

A selección española de Slalom Olímpico compite a partir de mañá mércores 25 ata o domingo 29 de setembro nos Campionato Mundiais de Slalom Olímpico e Descenso de Augas Bravas, este evento reunirá a 510 padeeiros de 65 países na Canle Olímpic do Segre na localidade catalá da Seu d’ Urgell no que España participa con 23 padeeiros que competirán nunha canle moi coñecida para todos eles.
 
A representación galega para esta cita, na que están en xogo os billetes para Tokio 2020, complétana os deportistas Ainhoa Lameiro, Luís Fernández en Slalom, mentres que Manuel Freire será o representante en descenso.
 
Ainhoa Lameiro competirá neste mundial na modalidade de C1, así como o seu compañeiro Luís Fernández, os dous tomarán a saída nas distintas carreiras por equipos, ademais da proba individual e a mixta. Pola súa banda o monfortino Manuel Freire disputará as probas de C1 e C2.