Tres persoas feridas ao saírse da vía o coche no que viaxaban en Ponteareas

Por o 27/01/2019 | Sección: Galicia,Ponteareas,Sucesos
Tres persoas feridas ao saírse da vía o coche no que viaxaban en Ponteareas

Unha saída de vía saldouse a pasada noite con tres persoas feridas en Ponteareas. Sucedeu na N-120, en sentido a Cristiñade, ao fío das 0:50 horas.

Foron os servizos sanitarios os que contactaron co 112 Galicia para alertar do accidente. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, aos GES e Bombeiros de Ponteareas, á Policía Local e a Protección Civil.

Unha vez no punto, os efectivos sanitarios atenderon ás persoas feridas, que foron trasladadas a un centro médico

Excarceración

Por outra banda, en Mazaricos, os Bombeiros de Santa Comba e os efectivos do GES de Muros liberaron, mediante o emprego do material de excarceración, a un home atrapado no interior dun vehículo que rematou fóra da vía.

O accidente ocorreu na AC-400, concretamente no punto quilométrico 68, ao redor das 23:15 horas.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro a través dos servizos sanitarios. Acto seguido, o persoal do CIAE112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santa Comba, do GES de Muros, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez liberado, o varón foi trasladado nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.