Tres persoas feridas, entre elas un bebé, nunha colisión múltiple en Bergondo

Publicado por o día 27/12/2017 na sección de Sucesos

Tres persoas feridas, entre elas un bebé, nunha colisión múltiple en Bergondo

Tres persoas resultaron feridas, entre elas un neno pequeno, nunha colisión na que se viron implicados outros tantos coches en Bergondo. O accidente produciuse na N-VI, á altura da parroquia de Lubre.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro a través da alerta dun particular ao fío das 13:40 horas.

Nese momento, dende o CIAE púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Betanzos e de Protección Civil.