Tres persoas feridas nun autobús que colidiu contra varios coches estacionados na Coruña

Por o 27/01/2019 | Sección: Sucesos
Tres persoas feridas nun autobús que colidiu contra varios coches estacionados na Coruña

Tres persoas que viaxaban nun autobús tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios despois de que o coche de liña batese contra varios vehículos que se atopaban estacionados na parroquia coruñesa de Oza, concretamente na Avenida do Exército.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través dunha persoa particular, ao fío das 12:45 horas. A partir de aí, os xestores do CIAE 112 pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros da cidade, á Policía Local e a Protección Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.