Tres persoas feridas nunha colisión entre un autobús urbano e un turismo na Coruña

Publicado por o día 24/08/2020 na sección de A Coruña,Galicia,Sucesos

Tres persoas feridas nunha colisión entre un autobús urbano e un turismo na Coruña

Unha colisión entre un autobús de liña urbana e un coche na Coruña saldouse esta mañá con tres persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

Os feitos sucederon na Praza dos Catro Camiños, ao fío das 10:30 horas.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente nese momento, a través da chamada dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Policía Local,  aos Bombeiros da Coruña  e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Atropelo múltiple en Vilagarcía de Arousa

Por outra banda, tres persoas resultaron feridas ao ser atropeladas por un vehículo na rúa de Arapiles, en Vilagarcía de Arousa.

Preto das 12:35 horas, unha persoa particular daba conta do ocorrido ao 112 Galicia.

Nada máis ter constancia do atropelo múltiple, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias e dos Bombeiros do Salnés.

Comentar noticia

Your email address will not be published.