Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Silleda

Publicado por o día 17/01/2020 na sección de Galicia,Silleda,Sucesos

Tres persoas resultaron feridas a pasada tarde nunha colisión na que se viron implicados outros tantos turismos en Silleda. O accidente produciuse no punto quilométrico 301 da N-525, ao fío das 19:45 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Deza, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.