Tres persoas feridas nunha colisión múltiple no Porriño

Publicado por o día 02/10/2018 na sección de Galicia,O Porriño,Sucesos

Tres persoas feridas nunha colisión múltiple no Porriño

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión por alcance na que se viron implicados outros tantos coches esta tarde no Porriño. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as tres vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

O accidente sucedeu no punto quilométrico 1 da PO-510, ao fío das 16:00 horas. Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias alertaba do ocorrido ao 112 Galicia.

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros do Porriño e ao servizo de mantemento da estrada.