Tres persoas feridas, unha delas excarcerada, tras unha colisión múltiple en Lugo

Por o 07/04/2018 | Sección: Sucesos
Tres persoas feridas, unha delas excarcerada, tras unha colisión múltiple en Lugo
Compartir en:

Tres persoas resultaron feridas esta mañá nunha colisión na que se viron implicados outros tantos coches en Lugo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Lugo, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

O accidente ocorreu no lugar de Ramil, ao fío das 10:00 horas. Foi a esa hora cando un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Lugo e a Protección Civil.