Tres persoas foron trasladadas por inhalación de fume ao incendiarse o salón dunha vivenda en Vigo

Por o 25/01/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Tres persoas foron trasladadas por inhalación de fume ao incendiarse o salón dunha vivenda en Vigo

Tres persoas resultaron feridas por inhalación de fume nun incendio declarado no salón dunha vivenda da Rúa Illas Baleares, no concello de Vigo.

Todo comezou pasadas as 15:15 horas desta tarde cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía a chamada dunha persoa comunicando un lume no salón da súa vivenda, ademáis indicaba no seu relato, que o fume ía cara ao andar superior. Decontado, informouse aos Bombeiros de Vigo, ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Policía Nacional e a Policía Local da localidade.

Xa no lugar os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo e unha vez sufocado o lume, informaron que ardeu o salón da vivenda e se desaloxaron as 12 vivendas do edificio por mor do fume. Así mesmo indicaban que as persoas desaloxadas foron atendidas no mesmo lugar polos servizos sanitarios pero que tres deles precisaron ser trasladadas, dúas persoas ao Hospital de Povisa e unha ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Foto Rubén Pérez

Comentar noticia

Your email address will not be published.