Tres persoas intoxicadas pola mala combustión dun braseiro nunha vivenda en Vigo

Por o 01/01/2019 | Sección: Sucesos
Tres persoas intoxicadas pola mala combustión dun braseiro nunha vivenda en Vigo

Tres persoas tiveron que ser trasladadas a pasada tarde ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, ao intoxicarse nunha vivenda pola mala combustión dun braseiro. Sucedeu na rúa Toledo, á altura do número 65.

Foi o 061-Urxencias Sanitarias quen alertaba dos feitos ao 112 Galicia uns minutos antes das 19:00 horas e, decontado, o persoal do CIAE-112 puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local, da Policía Nacional e de Protección Civil.

Unha vez na vivenda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo comprobaron que o braseiro xa estaba apagado, ventilaron a vivenda e levaron a cabo as medicións de gas na casa, que resultaron negativas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.