Tres persoas faleceron esta mañá tras saírse da vía e bater contra un poste o vehículo no que viaxaban en Mosende de Arriba, Valdoviño.
O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro pasadas as once desta mañá mediante a chamada de alerta dun particular que pedía axuda para os tres ocupantes dun turismo accidentado na estrada de Cedeira a Valdoviño (AC-566). Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Ferrol, dos membros do GES de Mugardos, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos sanitarios de urxencia, que apenas uns minutos máis tarde confirmaron o falecemento dos tres ocupantes.
Tamén se produciron danos nun poste do alumeado público, de modo que acudiran técnicos da empresa subministradora do servizo co fin de reparar a instalación.
En canto á atención dos familiares das vítimas, o persoal do 112 informou da situación aos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fose precisa nalgún momento a atención especializada.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.