Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a mañá de onte a tres persoas que resultaron feridas, dúas delas grave, tras producirse unha colisión frontal no enlace da N-120 e a A-52, en Melón.
Como consecuencia do impacto, dous dos feridos quedaron atrapados no interior dos vehículos, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Carballiño e dos membros do GES de Ribadavia.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso pasadas as dez desta mañá mediante a chamada dunha persoa particular que pedía axuda por mor dunha colisión frontal entre dous turismos preto do casco urbano de Melón, xusto na intersección da N-120 e a A-52.
Decontado, desde o 112, informouse aos servizos sanitarios de urxencia e aos efectivos de rescate e salvamento para liberar aos atrapados e facilitar aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias a atención dos feridos.
Finalmente, un total de tres persoas tiveron que ser evacuadas, dúas delas en estado grave, ao centro hospitalario de referencia.
Noticias de última hora en Vigo