Tres positivos confirmados por Covid19 de tres persoas traballadoras da Deputación de Pontevedra

Publicado por o día 24/08/2020 na sección de Coronavirus,Deputación de Pontevedra

Tres positivos confirmados por Covid19 de tres persoas traballadoras da Deputación de Pontevedra

O Goberno da Deputación de Pontevedra foi informado hoxe polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais da existencia de tres positivos confirmados por Covid19 de tres persoas traballadoras da institución provincial, polo que se activaron de xeito inmediato todos os protocolos correspondentes á normativa sanitaria.

No primeiro dos casos, a persoa que deu positivo nas probas se atopaba en período de vacacións e non tivo ningún contacto co resto do persoal da Deputación de Pontevedra. Nos outros dous casos, trátase de persoas que realizan as súas funcións en servizos externos.

O Servizo de Prevención informou igualmente do seguimento doutro caso, por contaxio dunha persoa da súa familia, que está en estudio e á espera das probas preceptivas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.